O navegador máis seguro

Firefox mantén a información persoal do usuario lonxe dos maos da película.

Como o facemos?

Que fai Firefox diferente? O máis importante é que somos de código aberto. Iso significa que calquera no mundo (e temos centos de expertos observándonos) pode analizar o noso código e encontrar o noso calcañar de Aquiles.

E cando chega aos nosos ouvidos algún problema, refucimos as mangas e pómonos logo a arranxalo. É do interese do usuario (e noso) que nos encarguemos do asunto, mesmo se iso implica ter que admitir que non somos tan perfectos.

Dito de forma simple, a nosa máxima prioridade é a seguranza do usuario.

Non estamos tan tolos como parece

Non estamos tan tolos como parece

Ninguén ama a Internet máis que nós. Con todo, os fraudes, o correo non solicitado e os virus son ameazas reais, polo que é preciso protexerse cando utilizamos a Internet.

Para iso está Firefox.

Utilizalo é a forma máis segura de navegar pola Internet porque:

  • Non tentamos encarar o problema sós. Unha comunidade internacional de expertos en seguranza traballa vinte e catro horas por dia para facer o navegador máis seguro (grazas ao noso sistema de código aberto). É como se un grupo de ninjas estivese encargado de vixiar o seu barrio.
  • Temos en conta a súa seguranza a cada paso. Os especialistas en seguranza comezan xa a traballar no inicio do proceso para identificar e abordar potenciais problemas antes de escribir unha simple liña de código.
  • Non deixamos de supervisar o proceso. Facemos un constante seguimento das ameazas e lanzamos continuamente novas actualizacións de Firefox para irmos sempre un paso por diante. O código aberto permite que calquera persoa poida axudarnos a encontrar os nosos puntos débiles e a resolvelos.

Para obter máis información sobre como Firefox fai a navegación segura, visite o noso blogue de seguranza.