Cadaquén á súa maneira

Se encarga a empanada cos ingredientes que mellor lle parece e personaliza o seu móbil con novos tons, por que non personaliza tamén o modo de visualizar a web?

Un complemento para todo o mundo

Firefox dispón de máis opcións que calquera outra aplicación para personalizar a navegación de forma que se adapte da mellor maneira a como o usuario utiliza a web. Dispón de máis de 5.000 complementos con que poderá mellorar Firefox en función das súas necesidades. Obterá así máis funcionalidades, máis diversión e a posibilidade de desenvolver a súa creatividade.

Procura algo en particular? Vexa os seguintes exemplos ou visite o noso sitio de complementos, onde encontrará a gama completa de posibilidades.

Alertas e actualizacións

Con este tipo de complementos, poderá estar a par da información máis recente sobre o tempo, os deportes ou as poxas de eBay. Independentemente do sitio en que se encontre, a información mostrada no seu navegador é en tempo real.

Vexa todos os complementos deste tipo.

Por exemplo: ebayNon perda de vista as súas operacións de eBay cando estea na Internet.

Probe Firefox eBay Edition de eBay Corporation

Fotos, música e vídeo

Converta o seu Firefox nun álbum de fotos, un reprodutor de música e unha central completa de elementos multimedia. É como ter un panel de control multimedia ao alcance da súa man para cando navega, traballa, envia correos electrónicos ou fai buscas na rede.

Vexa todos os complementos deste tipo.

Por exemplo: foxytunesControle case calquera reprodutor multimedia desde o seu navegador.

Probe FoxyTunes de Alex Sirota

Sociedade e comunicacións

Estes complementos serven para encontrar novidades na rede, mellorar as mensaxes instantáneas e manter o contacto cos amigos dos mellores sitios de redes sociais.

Vexa todos os complementos deste tipo.

Por exemplo: stumbleuponDescubra novos sitios, conéctese cos seus amigos e comparta as súas descubertas.

Probe StumbleUpon de StumbleUpon

Temas

Non reduza a súa experiencia de navegación a un deseño estándar. Escolla novas cores, facilite o uso do navegador (con botóns maiores para quen se inicia) ou simplemente seleccione a aparencia que mellor lle pareza.

Vexa todos os temas.

Por exemplo: nasaO tema para a xente a que lle gusta en negro.

Probe NASA Night Launch de mcdavis941